Información

Contactar

Centro del Vino de la Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Noticias del Centro


Este xoves día 24 de Outubro presentamos no Centro do Viño da Ribeira Sacra o Mencía "Peza do Rei".
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 23/10/2013
O viño “Peza do Rei” está elaborado por Adega Cachín. Unha adega situada no lugar de Abeleda, no concello de A Teixeira, pertencente a Subzona de Ribeiras do Sil da D.O. Ribeira Sacra. É unha adega familiar fundada en 1992 e con capacidade para elaborar ata 50 mil litros de viño. Co nome de “Peza do Rei” comercializa tinto, branco e viño de garda. Cultiva 8 hectáreas de viñedos en ladeiras das que xa na Idade Media saían uvas coas que se satisfacían os “diezmos” que reclamaban os Reis de Castela. Viñas nas que colleita sobretodo Mencía e Godello pero tamén outras variedades autóctonas como Caiño e Merenzao. “Peza do Rei” é un viño premiado e recoñecido tanto a nivel nacional como internacional. A comenzos deste mes de Outubro foi o viño elexido para servir na Cea de Gala da Hispanidade que anualmente se celebra en Washington e da que participa o máis selecto da sociedade americana incluido o presidente da Nación, así que este ano, entre quenes tiveron ocasión de degustar Peza do Rei, estivo Barack Obama e a súa dona Michel. Esta Gala é un dos acontecementos sociais máis importantes de cantos se celebran na capital de EEUU e foi a primeira vez que na mesma se serviu un viño tinto galego. Un bó lugar para promocionar a ADEGA elaboradora pero tamén o resto da Denominación de Orixe. Este xoves a partir das 20 horas no Centro do Viño da Ribeira Sacra, contaránnos adegueiro e enólogo como é o viño elexido para tan relevante cita americana e teremos tamén ocasión de degustalo.
 
[Volver al listado]

 


Galego   |  Castellano  |  English Centro do Viño
Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra



Consello Regulador - Denominación de Origen Ribeira Sacra

Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Ver VideoTapa - Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra