Información

Contactar

Centro del Vino de la Ribeira Sacra
C/Comercio 6
27400 Monforte de Lemos
Lugo - Galicia - Spain
Tlf. 982 105 303
info@centrovino-ribeirasacra.com


Noticias del Centro


Nova Xestión do Centro do Viño
Ampliar Foto...
Monforte de Lemos - 01/06/2013
Dende hoxe mesmo faise cargo da xestión deste espazo a empresa “Rutas Sacras” creada por monfortinos convencidos de que a zona ten moito futuro no ámbito turístico e dispostos a contribuir o desenvolvemento do mesmo. “Rutas Sacras” faise cargo da xestión do Centro do Viño despois de gañar un concurso convocado polo concello de Monforte e encargarase de atender a oficina de turismo, o espazo expositivo e a tenda do viño. Abrirá de martes a domingo, con horario de 10:00 a 14:00 polas mañas e de 16:30 a 20:00 polas tardes. As visitas o Espazo Expositivo serán as 11:30 e as 12:30 polas mañas e polas tardes as 17:30 e as 18:30. O prezo da entrada individual é de 2,50. Para os menores de 18 anos, os maiores de 65 e os parados o prezo fixado é de 1,50. Os grupos teñen prezo especial de 2 euros a partir de 10 integrantes. Esta nova etapa do Centro do Viño vota a andar coincidindo coa celebración das II Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia que se desenvolve esta fin de semana, 1 e 2 de xuño, nas cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Son xornadas promovidas polo goberno galego a través de “Turismo de Galicia” co fin de promover o enoturismo como unha oportunidade de negocio. Na Ribeira Sacra participan destas xornadas dez adegas, oito restaurantes, tres aloxamentos, o EcoMuseo de Arxeriz, o Museo Etnográfico de Quiroga e o Centro do Viño da Ribeira Sacra con xornadas de portas abertas e visitas gratuitas para todolos que se acheguen tanto este sábado como o domingo. O sector vitícola é unha peza clave para potenciar o sector turístico galego e un sector imprescindible no caso da Ribeira Sacra por elo “Rutas Sacras” márcase como obxetivo traballar en estreita colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Na potenciación e dinaminación da zona son pezas tamén fundamentais outros sectores como o da hosteleria e restauración e o sector do comercio cos que agardamos tamén colaborar estreitamente. Para dinamizar o Centro do Viño temos previsto organizar actividades de toda índole nas que agardamos involucrar a toda a poboación da zona convencidos de que todolos veciños poden ser tamén axentes promocionais do territorio. Polo que respecta a a tenda do viño, agardamos que sexa o escaparate de todolas elaboracións que se fan na Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
 
[Volver al listado]

 


Galego   |  Castellano  |  English Centro do Viño
Facebook - Centro do Viño da Ribeira Sacra



Consello Regulador - Denominación de Origen Ribeira Sacra

Ayuntamiento de Monforte de Lemos

Ver VideoTapa - Centro do Viño

 

Aviso Legal

Logos agradecementos
Deputación de Lugo Concello de Monforte de Lemos Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Consellería de Medio Rural Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Turismo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra Consello Regulador da Ribeira Sacra