|
Historia do Edificio | |
| Este edificio, ahora Centro do Viño da Ribeira Sacra, foi empregado ao longo dos anos para moi distintas funcións. En 1752 foi doado á Orde de San Juan de Dios para convertirse en hospital, na segunda metade do século XIX pasou a ser casino e nos anos trinta do século XX, converteuse na sede do Concello monfortino.
Nun principio contaba con capela, na que se celebraba culto, e que permaneceu aberta incluso anos despois de instalado aquí o Concello. O edificio, que sufriu varias remodelacións, tivo sempre un patio central aberto na planta baixa e unha galería na primeira, tal e como podemos velo hoxe. A fachada principal é froito dunha remodelación levada a cabo a mediados do século XIX.
A disposición interior de edificio que, sen dúbida, marca sustancialmente o fluxo e a circulación da visita polo seu chamativo patio e galería, congrega no mesmo edificio, ademais do espazo adicado á exposición do viño, unha tenda cunha ampla variedade de viños da Ribeira Sacra, productos da zona, artigos de regalo e libros, o Consello Regulador da Denominación de Orixe, unha sala de catas e unha cafetería—tapería. |
|
Galego | Castellano | English





.jpg)


|